O Burato do Inferno de Urbano Lugrís
Continuando co día da Acción Lugrís no Borrazás temos aquí o fermoso poema A xeito de limiar TRANSFUSIÓN OCEÁNICA poema Escrito o 5 de decembro de 2011 por Xosé
Iglesias, natural de Cee. Patrón do Primeiro Villar que amarra no peirao de
Oza, na Coruña.
Xosé
Iglesias:
A xeito de limiar
TRANSFUSIÓN OCEÁNICA
Eu, creo que sou humano reconvertido,
e sinto, que nalgún momento
sufrín transfusión oceánica,
porque esta sangue do meu corpo
non é sangue, é sangue salgada.
Sinto tamén que sufrín metamorfose,
non é nariz a miña senón proa,
non son brazos os meus senón amuras
e as miñas costelas cadernas…
Todo min forma un esqueleto naval.
E esa barriga que se afunde no mar
estabilidade contras as ondas de costado.
Son humano, son barco, son tantas cousas.....
Eu, creo que son árbore, porque sempre me chove,
sempre me venta, sempre me dá o sol.
tamén creo que sou paxaro, porque os peixes
venme voar entre as ondas, e subo, baixo,
fago siluetas acrobáticas ou simplemente voo raso.
Así me ven, un paxaro voando no océano…
Miran cara enriba, e alí estou coa proa,
as amuras, a popa, a barriga, o eixe…
Eu son mariñeiro, e o mar móllame a alma,
salinízame e golpéame o corazón.
e eu, non podo facer máis nada,
senon ser árbore, ser barco, ser paxaro...
en serio, nada podo facer,
NADA, PORQUE MARIÑEIRO SOU.
TRANSFUSIÓN OCEÁNICA
Eu, creo que sou humano reconvertido,
e sinto, que nalgún momento
sufrín transfusión oceánica,
porque esta sangue do meu corpo
non é sangue, é sangue salgada.
Sinto tamén que sufrín metamorfose,
non é nariz a miña senón proa,
non son brazos os meus senón amuras
e as miñas costelas cadernas…
Todo min forma un esqueleto naval.
E esa barriga que se afunde no mar
estabilidade contras as ondas de costado.
Son humano, son barco, son tantas cousas.....
Eu, creo que son árbore, porque sempre me chove,
sempre me venta, sempre me dá o sol.
tamén creo que sou paxaro, porque os peixes
venme voar entre as ondas, e subo, baixo,
fago siluetas acrobáticas ou simplemente voo raso.
Así me ven, un paxaro voando no océano…
Miran cara enriba, e alí estou coa proa,
as amuras, a popa, a barriga, o eixe…
Eu son mariñeiro, e o mar móllame a alma,
salinízame e golpéame o corazón.
e eu, non podo facer máis nada,
senon ser árbore, ser barco, ser paxaro...
en serio, nada podo facer,
NADA, PORQUE MARIÑEIRO SOU.
Escrito o 5 de decembro de 2011 por Xosé Iglesias, natural de Cee. Patrón do Primeiro Villar que amarra no peirao de Oza, na Coruña.
O escultor das Eiras é un poema Xosé Iglesias adicado a unha pedra percebeira
das moitas que cubren os perfis da Torre de
hercules. O escribiu mentres escoitaba musica de Yann Tiersen que lle lembraba con ese piano o repicar dun martelo
nas rochas. Cando fala dun escultor esta claro que é
unha metáfora, xa que é o propio mar o que esculpe esas pedras
cada día.