Colectivo Literario In Nave Civitas Lugrís
Amosando publicacións coa etiqueta Sermos Galiza. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Sermos Galiza. Amosar todas as publicacións



O próximo sábado día 21 de decembro conmemorarase por cuarta edición o día de Urbano Lugrís mais desta volta será unha festa grande porque se celebra tamén o reencontro da cidade cun novo mural do artista, “Visión da Coruña, 1830” pintado nunha parede de Madrid.

Organizado polo colectivo literario In Nave Civitas xunto coa Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega e do Museo de Belas Artes, e Asociación O Mural, todo isto tripulado por Xurxo Souto, o sábado 21 de decembro conmemorarase na Coruña o IV dia de Urbano Lugrís cunha “Arribada” aberta a toda a cidadanía.

Preséntana como o “reencontro da cidade da Coruña cunha grande obra do pintor do mar” que se poderá ver no Museo de Belas Artes. Trátase de “Visión da Coruña, 1830”, un mural que Lugrís pintou na parede da casa dun familiar en Madrid e que só agora retorna á Coruña, a cidade protagonista da obra.

In Nave Civitas organiza para ese día, despois das seis da tarde, unha celebración para a que trasladará o seu “obradoiro de paraugas pintados” ao adro do museo. No interior, o poeta do Bierzo Rodrigo Osorio recitará a oda “A Arribada” para lle dar o recibimento ao mural A seguir, as persoas participantes desfilarán en “manifestación surrealista” polas rúas da Pescadería até a Praza de Sellier, lugar no que un recital poético festexará o retorno da obra de Lugrís á cidade da Coruña.

O reencontro da cidade da Coruña cunha grande obra do pintor do mar, que a partir do vindeiro dia 21 de decembro poderá ser contemplada no Museo de Belas Artes.

Falamos de “Visión da Coruña, 1830”. Un mural que Urbano Lugrís pintou na parede da casa dun familiar en Madrid, e que agora, tras un longo proceso de restauración e consolidación, vai ser exposto para solaz dos ollos de todos nós.

Para significar tan feliz evento, ese mesmo día, In Nave Civitas, a partir das seis da tarde, trasladará o seu obradoiro de paraugas pintados ao propio adro do museo.

Xa no interior, o poeta berciano Rodrigo Osorio dará a benvida ao mural coa oda A Arribada, composta especialmente para ocasión.

De seguido marcharemos cos paraugas, en manifestación surrealista, polas rúas da Pescadería até a Praza de Sellier, onde se realizará un recital poético aberto a todos aqueles que queiran participar coa súa palabra neste feliz retorno dunha obra Urbano Lugrís á cidade da Coruña.

Medre o Mar !

(O obradoiro de paraugas pintados, como todos os actos deste IV Día Lugrís, é tamén absolutamente aberto; prégase que quen a tiver acuda cunha corna mariña para axudar a encher de sons atlánticos esta xornada).

Lugrís

Lugrís