Colectivo Literario In Nave Civitas Lugrís
Amosando publicacións coa etiqueta A Coruña das Irmandades da Fala. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta A Coruña das Irmandades da Fala. Amosar todas as publicacións
NOTA DE PRENSA [COLECTIVO LITERARIO IN NAVE CIVITAS]

11/02/1917 - 11/02/2017 CENTENARIO DA VISITA DA IRMANDADE DE AMIGOS DA FALA DA CORUÑA A FERROL


​ Ferrol - Cruña: "Unha nova xornada galeguista" das "Hirmandades da Fala" o sábado 11/02/2017 [100 anos despois].

O Colectivo Literario In Nave Civitas e a Fundaçom Artabria organizan a recreación da visita que a “Hirmandade de Amigos da Fala da Cruña” fixo a Ferrol hai cen anos, o 11 de febreiro do 1917.

Amigos da Fala somos
Y-o amor de Galicia sea,
 Xa que de todos é nai,
Quen nos xunte e nos protexa…

(Cantiga dos amigos da fala, de Manuel Lugrís)

  
O 11/02/1917 a “Hirmandade de Amigos da Fala da Cruña” celebrou en Ferrol un acto galeguista. Dito acto foi anunciado polos ferroláns coma un «mitín do rexionalismo galego» no que ninguén ía atopar «humildá, nin queixas, nin vágoas, nin sospiros». Entre outros; foron a Ferrol, os irmáns Vilar Ponte, Manuel Lugrís, Francisco Tettamancy e Eladio Rodríguez González sendo recibidos entre aprausos e vivas a Galicia na estación do ferrocarril do Ferrol por máis de cen enxebres, entre outros; o coro “Toxos e Froles” co seu presidente Sr. Vaello, a rondalla “Airiños da Miña Terra” co seu intelixente director Sr. Pampín, o pintor D. Camilo Díaz, o poeta D. Emiliano Balás, os cómicos Charlón y-Hermida, D. Pedro Fraga de Porto e o cultísimo García Niebla. Todos xuntos camiñaron en manifestación solemne e polo camiño espallaron follas con versos e pensamentos alusivos.

Despois do mitin, celebrado no Salón de Amboaxe, os irmáns enxebres xantaron no "Ideal Room", sito na rúa Real, e a xornada continuou coa representación dun diálogo teatral cómico representado polos senlleiros actores Hermida e Charlón máis a lectura de poemas, segundo relata o boletín decenal A Nosa Terra do 16 de febreiro do ano 1917.

O 11/02/2017, xusto cen anos despois, o Colectivo Literario In Nave Civitas e a Fundaçom Artabria queren conmemorar aquela xuntanza  repetindo aquela xornada galeguista co seguinte programa:

Ø Saída en tren das irmás e irmáns da “Cruña” ás 10:50 Horas.
Ø Chegada a Ferrol ás 12:07 Horas.
Ø Recepción na estación do ferrocarril polas irmás e irmáns enxebres de Ferrol.
Ø Roteiro polo Ferrol das Irmandades da Fala co asesoramento do Catedrático Xosé M. Dobarro.
Ø Reportaxe fotográfica no edificio “Ideal Room” (100 anos despois), lectura de textos das Irmandades.
Ø Xantar popular (12,00 €), lectura de textos, recital poético musical e troula, no local social da Fundaçom Artabria, sito na Travesía Batallóns no barrio de Esteiro. [A reserva previa para o xantar pódese facer a través do ciber-correo correiodeartabria@gmail.com ou do teléfono 669 778 474 antes do 9 de febreiro].
Ø Ás 18:30 horas, acompañamento e despedida ás irmás e aos irmáns da “Cruña” na estación do Ferrocarril.
Ø Saída en tren de Ferrol ás 19:15 horas (Chegada á Coruña ás 20:30 horas).


Convidamos a todas e a todos os asistentes a virdes vestidas e vestidos coas vosas mellores galas da época, aló polo ano 1917. Convidamos ás irmás e aos irmáns ferroláns a acudiren á estación do ferrocarril para recibiren á comitiva enxebre da “Cruña” e acompañala polas rúas ferrolás nunha nova xornada galeguista cen anos despois.


Prégase e agradécese difusión da nova.


Rueiro da xornada:

“Rueiro do roteiro”
Estación de Ferrocarril Ferrol
Avenida de Compostela
Praza de España
Rúa Galiano
Rúa Lugo
Rúa Real
Praza de Amboaxe (Antigo salón de Amboaxe)
Rúa Real
Praza de Armas (Edificio Ideal Room)

 “Rueiro para xantar”
Rúa da terra
Rúa da igrexa
Rúa Cantón de Molíns
Praza das Angustias
Rúa Carlos III
Travesía Batallóns

  “Rueiro acompañamento á estación”
Travesía Batallóns
Rúa Carlos III
Rúa Fernando VI
Rúa San Ramón
Rúa Naturalista López Seoane
Avenida de Vigo
Praza de España
Avenida Compostela
Estación Ferrocarril Ferrol

No tren das doce e sete do sábado chegarán nosos hirmáns. Pregamos a tod@s cantos teñan amor a Galiza acudan a gardaios e logo a oílos no mitin.

Ferroláns! Axudádenos a erguer nosa Galiza! Acudide vestidos da época para vivirmos tod@s unha xenial e enxebre xornada.

•    Saída en tren dos Irmáns da Cruña ás 10:50 Horas.
•    Chegada a Ferrol ás 12:07 Horas.
•    Recepción na estación Ferrocarril dos hirmáns Enxebres de Ferrol aos hirmáns da Cruña.
•    Roteiro polo Ferrol das "Hirmandades" (polo camiño espallaranse escritos alusivos 100 anos antes).
•    Reportaxe fotográfica no edificio Ideal Room (100 anos despois) e Lectura de textos das "Hirmandades".
•    Xantar popular (12E), lectura de textos, recital e troula no local social da Fundaçom Artabria.
•    Ás 18:30 horas, acompañamento e despedida aos hirmás da Cruña na estación do Ferrocarril.
•    Saída en tren de Ferrol ás 19:15 horas (Chegada á Coruña ás 20:30 horas).


"Canta, meu carriño, canta
a redención esquencida
y-o dor da Terra ferida
de treidores e ladróns
¡A y-alma galega dorme
a santa ideya está morta
e tes que ir porta por porta
escendendo os corazóns"

Ramón Cabanillas

A FESTA GALEGA DO SÁBADO
 
Amigos da Fala somos
Y-o amor de Galicia sea,
Xa que de todos é nai,
Quen nos xunte e nos protexa
 
(Cántiga dos amigos da fala, Manuel Lugrís Freire)

A Coruña. Redacción. Se a convocatoria que o colectivo In nave civitas tivera máis acollida na imprensa local, a festa que o sábado se celebrou na fermosa paraxe das Maceiras (San Vicenzo de Elviña) tería alcanzado aínda maiores proporcións; porén resultou un verdadeiro éxito para os organizadores da recreación do centenario da primeira saída ao campo da Irmandade de amigos da fala da Cruña.

Un fato de persoas coas súas mellores galas esportivas do 1916 xuntáronse as 12:00 horas nos vellos terreos da Granxa Agrícola Experimental de Galicia para emprender a pé a marcha até As Maceiras. Ao longo do camiño fixeron distintas paradas lembrando a toponimia, a historia e constantando as grandes mudanzas da cidade no último século.
Nas Maceiras agardábanlles algúns veciños de Elviña para lles guiar pola realidade da parroquia e os múltiples problemas que lles ten afectado na derradeira centuria. Canda estes veciños estaban outro fato de persoas, simpatizantes da empresa galeguista que decidiran xuntárense á excursión. Todas xuntas continuaron o seu camiño até o campeiro que elixiran para facer un alto onda todo estaba ao xeito para comezar co xantar composto por produtos da nosa terra. A comida foi animadísima e algunhas das asistentes aproveitaron o terreo para xogar ao badminton.

Tras dar conta das empanadas, as tortillas, os produtos da nosa horta, os queixos e algunhas larpeiradas bañadas por viños e licores do país; esta Novísima Irmandade proseguiu coa recreación do evento de 1916 que comezou coa lectura dos artigos que os xornais da altura fixeron para anunciar e contar aquela xunta campestre. Deseguido algunhas das persoas presentes leron poemas de Ramón Cabanillas (Adiante, No pinal e Acción gallega), o artigo O gran día de Galicia, de Manuel Lugrís Freire; partes do discurso (A xeración de 1916) que Ramón Villar Ponte dictou ao entraren na Real Academia Galega e a Cántiga dos irmáns da fala, de Manuel Lugrís.  A lírica recitada tivo o seu contraponto coa cantada e Moncho do Orzán interpretou un Cantar de arrieiro de Mesoiro e o Pregaria das Irmandades, de José Baldomir. 

Logo da recreación proseguiu a festa grazas a música dun formidable gaiteiro, digno herdeiro daquel Emiliano Moscoso que tocou no 1916, ao que acompañaron unha xenial pandereteira, un tamboril e un bombo. As presentes bailaron a muiñeira e o pasodobre e cantaron alalás e outras cantigas. Todo moi ledo, moi propio de nós e prometedor de que a memoria da Irmandade da fala da Cruña prendeu nos corazóns dos galegos deste século que teñen a firme vontade de continuar na loita pola Nosa Terra. A xornada prolongouse até o luscofusco no que estes novos irmáns regresaron as súas casas coa ledicia nos seus peitos por ter honrado a memoria daquelas mulleres e homes que sementaron fai un século  a conciencia de seren nós mesmas e con un feixe de plans para continuar co seu exemplo hoxe.

Saúde e éxito para esta Novísima Irmandade da Fala da Cruña! 








Colectivo Literario In Nave Civitas Lugrís




Vaite reservando o 3 de agosto para un acto lugrisán na feira do libro da Coruña.

O noso Colectivo literario In Nave Civitas organiza a recreación da primeira xunta campestre da Irmandade de amigos da fala da Cruña.

O 02/07/1916 os irmáns e as irmáns da asociación coruñesa celebraron a primeira xunta campestre que contou cun invitado de excepción o poeta Ramón Cabanillas.

La Voz de Galicia daquela altura comentou:

Si la convocatoria que la Junta directiva de la Hirmandade de Amigos da Fala se hubiera publicado en forma menos condicional, la fiesta que ayer se celebró en el hermos pinar de Elviña hubiese alcanzado enormes proporciones. (...) Fueron muchos los asociados que reunidos (...) emprendieron a pie la subida al pinar, y cuando llegaron a este otros muchos es esperaban (...) Desde la alta tribuna natural , Villar Ponte, (...) dijo unas breves palabras y leyó un buen puñado de telegramas y telefonemas de adhesión. Todos ellos están escritos en gallego, naturalmente, (...) El señor Lugrís Freire hizo también, en lengua nativa, un bello discurso dicho con todo el fuego y la vehemencia que caracterizan al orador. (...) Y dio comienzo la merienda, que fue animadísima. Para que lo fuese más, surgió un formidable gaitero (...) Se bailó la muñieira y la jota del país y se cantaron alalás y otras cantigas. (...) A la caída de la tarde regresaban los expedicionarios, en medio de una visible impresión de simpatía de los aldeanos de aquellos contornos , gozosos de ver a una muchedumbre de señoritos hablando el gallego colectivamente y sin timideces. (...) Cabanillas, el ilustre poeta, con un grupo de sus amigos y admiradoresm fue de regreso a Elviña a la Reunión de Artesanos donde la entusiaste Junta Directiva lo esperaba para agasajarle.

O 02/07/2016 dende In nave Civitas queremos recrear aquela data repetindo o día co seguinte programa:

12:00 horas xuntanza no aparcadoiro situado diante do mercado de Elviña para (arredor das 12:30 horas) saír andando cara a San Vicente de Elviña.

Roteiro por San Vicente de Elviña.

Recreación da xunta campestre coas lecturas de textos de Eduardo Pondal, Manuel Lugrís e Ramón Cabanillas.

14:30 Xantar campestre na aldea do Castro de Elviña

Convidamos a todas as asistentes a virdes vestidas coas súas mellores galas esportivas de 1916.

Cadaquén ten que levar o xantar de seu, por máis que, como boas irmás, todas partillaremos o noso. 
Acudide!
================================
A festa dos Amigos da Fala en Elviña

Esta xuntanza, realizada en 1916, foi o primeiro acto público, festivo e asembleario en prol do idioma galego. A primera reunión celebrouse nos campos de Elviña.

A convocatoria era para as tres e media da tarde. A esa hora tiñan que estar nas aforas da cidade da Coruña, en Monelos, na entrada da Granxa Agrícola Experimental (desde 1888 ata 1964 estivo na zona hoxe ocupada polo mal chamado polígono de Elviña segunda fase). Cada quen dos asistentes debía levar a súa merenda. A intención era camiñar todos xuntos ata o piñeiral de Elviña e alí celebrar a primeira xunta xeral dos asociados. Facía o chamamento a Irmandade dos Amigos da Fala da Coruña. A xuntanza tería un carácter festivo e campestre e sería tamén o primeiro acto público en prol do idioma galego. Entre a concorrencia ía estar o poeta Ramón Cabanillas. A prensa da época, e en especial La Voz de Galicia, permítenos coñecer o acontecido.
Ese día, o domingo 2 de xullo de 1916, con bo tempo, foron moitos os asociados á Irmandade da Fala coruñesa que se achegaron ata a Granxa Agrícola. Dende alí e a pé percorreron o vello camiño que despois de bordear o río Monelos ascendía ata igrexa de San Vicente de Elviña e continuaba ata o piñeiral situado preto da aldea de Castro. Cando chegaron xa estaban esperándolles numerosas familias que decidiran sumarse á excursión; tamén foron rodeados por moitos veciños e labregos da contorna. Xuntos, uns centos de persoas segundo La Voz, subiron ata un pequeno outeiro dominado por unhas rochas e desde o que se divisaba toda a perspectiva da Coruña. Aínda que as crónicas non o din, ese outeiro era e é o castro de Elviña. 
En dito lugar, Antón Vilar Ponte, fundador e conselleiro primeiro da Irmandade, pronunciou unhas breves palabras de saúdo e leu os numerosos telegramas de adhesión e felicitación recibidos de toda Galicia. Despois o escritor Manuel Lugrís Freire, en ton fogoso e vehemente, enalteceu os fins da Irmandade creada na Coruña o pasado 18 de maio: propagar e ennobrecer o galego. As súas verbas causaron unha fonda emoción nos presentes. Tras rememorar aos poetas galegos, fixo un cálido eloxio de Ramón Cabanillas, que se atopaba entre os presentes, e leu diversos poemas seus, de Uxío Carré Aldao e de Cabanillas, sendo todos moi aplaudidos. 
A continuación, espallados os expedicionarios polo campo, comezou a merenda que estivo amenizada polo recio gaiteiro coruñés Emiliano Moscoso, acompañado por un tamboril e un bombo. A xente bailou muiñeiras, xotas do país e ribeiranas, ademais de cantar alalás e moitas outras cancións galegas. Á tardiña, tras pasar unha grata e animada velada, os excursionistas e asociados retornaron á cidade satisfeitos do resultado da primeira festa en defensa do rexurdimento e propagación do idioma galego. 

Pola noite, Ramón Cabanillas e un grupo dos seus amigos achegáronse ata a Reunión de Artesáns onde foron agasallados polo seu presidente Manuel Casás cun lunch acompañado dun, segundo a prensa, riquísimo tostado do Ribeiro que substituíu ao clásico champaña. O éxito do modelo de festa-romaría en prol do galego celebrado en Elviña faría que desde entón os Amigos da Fala o repetisen en distintos lugares de Galicia.

Historias con Historia
«O éxito do modelo de festa-romaría en prol do galego faría que o repetisen en toda Galicia»

Fonte: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/coruna/2016/05/23/span-langgl-festa-dos-amigos-da-fala-elvinaspan/0003_201605H23C5997.htm
 
Fototeca Irmandades:



 



Roteiro da Coruña das Irmandades da Fala, con saída en barco dende Ferrol con acompañamento de Xurxo Souto e Moncho do Orzán, roteiro pola histórica Coruña das Irmandades e volta a Ferrol. Un estupendo acto organizado pola Asociación Cultural Roxín Roxal.


 
Fotos e Vídeo de Xurxo Gago
Música: Aurora Nordestina e Mercedes Peón
  
Hemeroteca:

Un aniversario salgado e musical

O colectivo Roxín Roxal organiza un roteiro en barco desde Fisterra até A Coruña para celebrar o centenario das Irmandades da Fala

28.09.2015 | 01:09
Moncho do Orzán, onte, cos participantes no roteiro, na rúa Real.
Moncho do Orzán, onte, cos participantes no roteiro, na rúa Real.
A Asociación Cultural Roxín Roxal percorreu onte as rúas do centro da cidade para explicar aos participantes no roteiro a historia das Irmandades da Fala. A súa loita porque a lingua que falaba o 90% da poboación, o galego, non for desprezada e que acadase un prestixio que, daquela, se lle tiña negado. A experiencia comezou en Fisterra. De alí partiron en barco os participantes nesta actividade cultural, con Xurxo Souto como guía, como descubridor dos nomes das pedras da costa, dos entrantes no "mar de María Antonia".
Xa en terra, foi Moncho do Orzán o encargado de explicar aos participantes como fora a creación da primeira Irmandade da Fala, case cen anos atrás, en 1916. Comezou o percorrido no monumento a Curros Enríquez, nos xardíns de Méndez Núñez, porque, segundo conta Moncho do Orzán, o seu pasamento en 1908 supuxo o relevo xeracional do Rexurdimento ás Irmandades, que tiñan un sentido máis político e nacionalista.

O roteiro, no que participou tamén unha filla de dous dos fundadores das Irmandades, Elvira Varela Bao, fixo unha parada na rúa Real, no número 36, onde Ánxel Casal e Leandro Carré tiñan a editorial Lar, e no 38, onde Canuto Berea tiña unha tenda de música na que vendía partituras de autores galegos.
"Hai que ter en conta a importancia da música. Moita xente era analfabeta, pero coñecía poemas de Rosalía e de Curros porque foran musicados e memorizárabanos", explica Moncho do Orzán, que fixo tamén unha paradiña ante o baixo no que está un mural de Urbano Lugrís e que, como o local de hostelería que o alugaba pechou, privou tamén aos veciños de poderen contemplar a obra.
O roteiro continuou por Rego de Auga até o teatro Rosalía de Castro, onde se deu a coñecer Cántigas da Terra e tamén na antiga sede da Real Academia Galega (RAG), en 1816.

Este paseo pola historia da cidade rematou na praza de María Pita, onde, segundo lembrou Moncho do Orzán, en 1920 dous anos despois de que as Irmandades se formasen como partido político, Lois Peña Novo no pleno "falando por primeira vez" en galego.

Lugrís

Lugrís