Colectivo Literario In Nave Civitas Lugrís

Un cadro de Lugrís nunha rúa de Vigo.

La lona con el mural de Lugrís tapará una medianera de la calle Príncipe.

 
A lona co mural de Lugrís tapará unha medianeira da rúa Príncipe.

O Concello afronta o novo curso cun proxecto para embelecer as medianeiras da cidade con obras que serán de autores coñecidos ou de artistas máis actuais. A primeira das actuacións comezará este luns, día 25, nun edificio situado entre Príncipe e a Porta do Sol cuxa medianeira -a parede que queda ao descuberto tras o derrubamento dun edificio contiguo- contribúe a afear a zona comercial máis céntrica da cidade. Por iso, a parede do edificio cubrirase cunha lona na que se reproducirá un cadro de Urbano Lugrís titulado "Fiestra" e que, de feito, transformará a medianeira nunha ventá con vistas ao mar.

En rolda de prensa na Alcaldía, Abel Caballero remarcou que será a primeira actuación de varias nas que se prevé embelecer as partes da cidade afeadas froito dun urbanismo "lamentable".

"A partir de aí acondicionaremos as medianeiras da cidade con pintores locais a través de concursos, modelos ou grupos de pintores que xa están a entrar en contacto connosco para afondar na reforma da cidade", remarcou Cabaleiro, que insistiu en que o obxectivo é acabar co "feísmo" de Vigo.

A primeira actuación estará concluída en apenas unha semana, segundo asegurou onte Abel Caballero, que indicou que a estada se instalará o luns e que o pintor muralista tardará "cinco ou seis días" en reproducir a obra, de propiedade municipal, e coa que se quere render homenaxe ao artista, falecido hai corenta anos e que estivo moi vinculado á cidade.

0 comentarios :

Publicar un comentario

Lugrís

Lugrís